CRTVG

Buscar

Esgotados en cinco horas 14.000 abonos para o Resurrection Fest de 2020

Publicado o 01/10/2019 20:19

Xa se esgotaron os 14.000 primeiros abonos para a próxima edición do Resurrection Fest, que se vai celebrar en Viveiro dos días 1 ao 4 de xullo do ano que vén. Puxéronse á venda este mesmo martes e só en cinco horas vendéronse todos os abonos.

As primeiras entradas que se venderon foron as máis caras, as que dan acceso á zona VIP e que custan 235 euros. O resto eran pases para 3 ou 4 días que superan os 144 euros.

Na edición 2020 do Resu participan artistas como Sistem of a Down, Judas Priest ou Hamlet.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/10/2019