Esgotadas as bicicletas nas tendas e fábricas
Publicado o 16/06/2020 21:10
Mercar hoxe unha bicicleta é moi pero moi complicado.
Esgotáronse nas tendas, nos almacéns e nas fábricas polo aumento da demanda, de ata un 500 por cento din, tras o confinamento.
Así que se vostede quere unirse a este deporte e transporte sostible, tócalle esperar.
E mentres non chegan as novas, saen as bicis vellas dos rochos, e nos talleres de reparación non dan abasto estes días.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 21:52