CRTVG

Buscar

Esgótanse os primeiros 25.000 abonos do Son do Camiño nunha hora

Publicado o 27/02/2019 19:25

Esgotáronse os 25.000 abonos que hoxe saían á venda en apenas unha hora. Iggy Pop ou Rosalía son dous dos moitos atractivos do cartel do evento, que se vai celebrar no Monte do Gozo do 13 ao 15 de xuño.

Comezou ás doce do mediodía a venda virtual dos abonos para o festival O Son do Camiño, cun prezo de lanzamento de 49 euros. Á unha e cuarto do mediodía xa estaba esgotada a cota da cuarta oferta, a 79 euros por abono. A impaciencia dos usuarios chegou a colapsar durante uns minutos a plataforma de venda on line.

Iggy Pop, Black Eyed Peas, David Guetta, Rosalía, Vestusta Morla ou The Hives congregarán máis de 30.000 persoas no Monte do Gozo, entre o 13 e o 15 de xuño. Este ano ofrécese tamén modalidade de entrada VIP, con extras como acceso preferente e terraza panorámica. Haberá, máis adiante, entradas de camping e glamping.

A organización alerta de os boletos adquiridos en webs de revenda poden non ser válidos.

 

Noticias web

27/02/2019