CRTVG

Buscar

Escribá ten claro o equipo titular e como xogarlle ao Real Madrid

Publicado o 16/08/2019 20:31

O Celta está preparado e Escribá ten decidido tanto o once titular como a maneira de xogarlle ó Real Madrid.

Escribá: "Teño claro o equipo"

Parece que vai xogar Pape Cheikh, que non é o perfil exacto que quería pero que vai facer o papel de Okay.

Escribá:"Ten todas as opcións porque non ven de estar parado."

Escribá:"Non é un medio defensivo"

Escribá:"... pero ata que se recupere Okay fará ese papel de sustento."

Escribá está contento co que ten a falta dun xogador de banda, que aínda podería ser Nolito.

Escribá: "Que veña el ou outro non depende de min."

Escribá non sentará no banco debido á expulsión no último patido contra o Raio. Curiosamente o seu equipo sempre gaña cando está sancionado.

Escribá: "Ai si? Pois terei que baixar a dicirlle algo ao árbitro para que me sancionen máis"

Seis temporadas leva o Celta sen gañarlle en Balaídos ao Real Madrid.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019