CRTVG

Buscar

Escribá apela á calma coa seguridade de que o Celta vai mellorar

Publicado o 29/10/2019 15:22

Rafinha está de volta; Araújo, recuperado do golpe sufrido ante a Real Sociedade. Escribá prescinde de Jorge Saenz e Pione Sisto para a batalla do Benito Villamarín. E faino desde a calma. Coa seguridade de que o Celta vai mellorar. E sen pensar no seu posto de traballo, asegura.

Non é unha final para os equipos, pero si pode selo para os dous adestradores, cuxo posto está en xogo polos malos resultados. Celta e Betis están igualados a 9 puntos, moi por debaixo das súas expectativas.  

E esa confianza no equipo vai máis alá da súa continuidade no cargo. Escribá agradece o apoio público dos xogadores. A comunicación co club di que non mudou. Pero ante a Real perdeuse.

O que ocorra ante o Betis pode manter ou separar os camiños do Celta e Escribá.

 

Noticias web

29/10/2019