CRTVG

Buscar

Escribá anuncia un Celta ambicioso: "Xa tivemos varias reunións para mellorar o equipo"

Publicado o 22/05/2019 21:32

Fran Escribá ampliou o seu contrato co Celta. Unha renovación que se produciu de xeito moi sinxelo, segundo declarou o técnico celeste: "Eu dixen que tanto o club coma eu tiñamos o mesmo obxectivo, o único obxectivo que tiñamos na cabeza era salvar o equipo e que unha vez que iso acontecera todo ía ser moi natural, e así foi. Foi moi doado, o mesmo luns xa falamos e se puxeron en contacto co meu axente, pero foi moi doado porque as dúas partes queriamos continuar, así que, moi sinxelo".

O corpo técnico liderado por Escribá xa traballa pensando na vindeira temporada. O técnico non está disposto a pasar os apuros deste ano e quere ver un Celta ambicioso: "Xa tivemos varias reunións pensando naquilo que precisamos para mellorar o equipo para termos unha temporada mellor ca esta, como é evidente, e para dende o principio cos pés no chan pero sermos ambiciosos".

Noticias web

22/05/2019