CRTVG

Buscar

Escribá agarda pola incorporación de Mina

Publicado o 13/07/2019 16:37

Este é o xesto que ten un adestrador cando lle fichan a Denis Suárez, o Touro Fernández, Aidoo e sabe que está ao caer Santi Mina. Así encontramos a Escribá esta mañá na Madroa. Manexando con placidez un adestrtamento de claro compoñente físico. Non estivo Aidoo, con permiso -como aclarou na súa presentación- ata o día 26. Uns días máis de descanso que lle han vir ben ás súas pernas e que debe aproveitar para saber quen manda neste equipo.

Imperdoable lapsus. O que si estivo na Madroa foi Okay, pero non saiu ao céspede. E o que tamén puidemos comprobar é como marchan as obras de construcción do novo ximnasio. Agora está xunto aos vestiarios, baixo a bancada, pero pasará a ubicarse a pé do campo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019