CRTVG

Buscar

Erros defensivos que lle están a custar moitos puntos ao Celta

Publicado o 26/01/2021 10:53

Coudet sinala que o erro que cometeu Okay e que lle custou un gol ao Celta é un erro técnico, de mal control da pelota, e non un erro conceptual do estilo de xogo do equipo. Con ese fallo defensivo, o Eibar empata e Okay desespera. Bota as mans e queda amolado.

Coudet di que non é un erro conceptual, pero queda aberto o debate de se ten sentido que o Celta insista en sacar a pelota pola zona central co rival presionando. Hai dúas xornadas o fallo foi calcado, contra o Vilarreal. E hai só uns días aconteceu algo moi semellante, contra o Betis. Outro erro, técnico, conceptual, ou táctico. E máis puntos que escapan. Un gol e ao final un punto, o primeiro do 2021.

Noticias web

26/01/2021

Máis sobre actualidade