CRTVG

Buscar

ERC pide unha mesa de negociación a cambio do seu apoio na investidura

Publicado o 25/11/2019 14:59

Este mediodía xa votaran o 40% dos nove mil afiliados a Esquerra Republicana. A partir das oito coñeceranse os resultados. A dirección quere o aval das bases para absterse na investidura de Sánchez a cambio dunha mesa de negociación "onde falar de todo entre iguais, é dicir, entre gobernos, cun calendario e garantías de cumprimento. A pelota está no tellado de Pedro Sánchez e do PSOE", declaraba esta mañá a voceira de ERC Marta Vilalta.

Junts per Cat eleva os requisitos para esa mesa e concreta os interlocutores. Segundo a deputada Laura Borràs "o presidente Torra debe estar á cabeza pero tamén outros políticos que están no cárcere, como o vicepresidente Junqueras, ou no exilio, como no caso de Puigemont. Engadimos ademais a necesidade dun mediador internacional".

Dende o PSOE piden que se desbloquee a situación. A ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto, apelou "á responsabilidade de todos, non só de ERC, tamén do resto de grupos".

Hoxe tamén coñecemos os resultados da consulta entre os militantes de Esquerda Unida. Case o novento por cento apoia a coalición cos socialistas. Os de Podemos aínda poden votar ata o mércores.

Noticias web

25/11/2019