CRTVG

Buscar

ERC amosa a súa disposición de non bloquear a investidura de Sánchez

Publicado o 13/06/2019 19:31

Sen pronunciar a palabra abstención, Gabriel Rufián inclínase por non bloquear a investidura de Pedro Sánchez. O voceiro de Esquerra só pide a cambio unha aposta polo diálogo para solucionar o conflito catalán.

Gabriel Rufián, de ERC, di que "non vimos coa intención de bloquear absolutamente nada. O non bloqueo non significa darlle un cheque en branco a Pedro Sánchez".

Rufián di que sería irresponsable repetir eleccións e cre que Podemos non ten lexitimidade para reclamar ministerios. O outro partido catalán, Junts per Catalunya, si anuncia o seu voto negativo, polo menos mentres sigan suspendidos os seus 3 deputados encarcerados.

Laura Borrás, JxCat, di que "non podemos facilitar unha investidura de Pedro Sánchez porque todo o que recibimos foi unha vulneración dos dereitos dos nosos compañeiros".

Os dous partidos independentistas oíron do PSOE a mesma apelación a abstérense por responsabilidade.

Adriana Lastra, vicesecretaria xeral do PSOE, di que "non sería sensato bloquear unha investidura que responde aos desexos dunha maioría ampla dos cidadáns e ante a que non hai ningunha alternativa viable".

Podemos volveu pedirlle ao PSOE un pacto á valenciana, onde os socialistas si aceptaron a entrada dos de Iglesias no executivo. A vicepresidenta responde que estarían encantados se, como en Valencia, sumasen maioría absoluta.