CRTVG

Buscar

ERC mantén o non a Sánchez, pero seguirá negociando co PSOE

Publicado o 29/11/2019 14:53

O PSOE traballa cun calendario moi axustado. Quere investir a Pedro Sánchez antes do Nadal e mesmo asegurar os apoios aos presupostos xerais para comezos de ano.

Pero Esquerra xoga as súas cartas, non ten présa e mantense no non. Din que vai de compromisos concretos e, polo momento, xa lles arrincaron aos socialistas o recoñecemento dun conflito político en Cataluña.

Sobre as negociacións tamén falou hoxe Josep Borrell. Cualíficaas de anómalas, forzadas polos resultados e critica a Esquerra.

Os dous partidos emprazáronse xa para unha segunda reunión, o próximo martes no Congreso, xusto o día en que se constitúen as Cortes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/11/2019