CRTVG

Buscar

ERC descarta a investidura de Sánchez antes do Nadal

Publicado o 09/12/2019 15:25

Será a terceira xuntanza entre os equipos negociadores do PSOE e de Esquerra Republicana. En Barcelona, como pedían os cataláns, que marcan tamén o ritmo das negociacións.

Marta Vilalta, ERC: "O posible acordo probablemente tardará un pouco en chegar ou terá que esperar a xaneiro, porque vemos que as posicións están aínda afastadas. Se é Pedro Sánchez quen ten présa, ten que ser el o que se ten que mover, e facer un compromiso de activar a vía política máis rápido"

Os republicanos recoñecen que calquera avance nas negociacións estará condicionado polo que poida pasar a semana que vén a nivel xudicial: a posible inhabilitación de Quim Torra, a decisión do Tribunal de Xustiza Europeo sobre a inmunidade de Junqueras, e a clasificación do réxime penitenciario que terán os políticos independentistas presos.

Desde o PSOE din que non lle queda outra que manter o optimismo. Isabel Celaá, PSOE: "Non podemos concedernos nin pesimismo nin ningunha outra valoración"

PSOE e ERC reuniranse en Barcelona ao mesmo tempo que en Madrid o rei Filipe inicia a rolda de contactos cos partidos para propoñer un candidato á investidura.
 

Noticias web

09/12/2019