CRTVG

Buscar

ERC, Bildu e a CUP non participarán na rolda de consultas

Publicado o 04/12/2019 14:53

• O rei recibiu as presidentas do Congreso e do Senado

A imaxe é similar á de hai sete meses, pero nesta ocasión a reelixida presidenta do Congreso informou o Rei dunha cámara baixa máis plural que a da anterior lexislatura. Mertixell Batet entregoulle ao Xefe do Estado a listaxe de partidos que obtiveron representación no Congreso, co que agora Zarzuela vai preparar a rolda de consultas para a investidura. Acudirán 19 formacións, porque Esquerra, EH-Bildu e a CUP rexeitan participar. Está por ver se as reunións se convocan despois da ponte festiva, que en Madrid se estende ata o luns.

Tras a visita protocolaria á Zarzuela, Batet presidiu a primeira reunión da Mesa do Congreso, en que se fixa o calendario para constituír os grupos parlamentarios. Poden ter grupo propio os partidos con máis de 15 escanos ou os que obtiveran o 15% dos votos nas súas cincunscricións. Con esta fórmula, Bildu podería formar por primeira vez grupo parlamentario.

Tamén a presidenta do Senado acudiu este mediodía á Zarzuela para informar a Filipe VI da constitución da cámara alta desta XIV lexislatura.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2019