ERC ameaza a Sánchez: "Sen mesa de negociación non hai lexislatura"
Publicado o 04/01/2020 21:08
ERC ratificou esta mesma mañá a súa abstención na votación da investidura de Pedro Sánchez, pero dende a tribuna do Congreso, Gabriel Rufián xa ameazou o novo Goberno. Díxolle a Pedro Sánchez que sen mesa de negociación non haberá lexislatura.
E tivo o compromiso de Pedro Sánchez de sentarse a dialogar.
ERC esixe que nesa mesa se poida falar de todo sen vetos e que os cataláns voten sobre o acordado nela.
Pedro Sánchez aposta por sentarse a dialogar con tempo e mesmo empraza a outra lexislatura para chegar a un acordo.
Máis sobre actualidade
28/01/2021 15:17
28/01/2021 15:16
28/01/2021 15:15
28/01/2021 15:11