CRTVG

Buscar

Enxeño para garantir a saída do globo de Betanzos

Publicado o 16/08/2020 15:30

Se algo caracterizaba este 16 de agosto, celebración do San Roque, eran os festexos en moitas vilas galegas. Betanzos estaría xa arestora cos preparativos para o lanzamento do seu tradicional globo. Este ano por mor da pandemia non vai poder ser, pero os betanceiros non se resignan, non queren que o globo quede sen saír, e por iso tiran de enxeño e recrean a saída máis agardada usando figuras de playmóbil.

Non lle falta detalle, nin ao globo, nin á praza irmáns García Naveira, nin aos betanceiros representados por bonecos. Iso si, non haberá que estar atentos mañá á prensa para saber onde caeron os restos.

A familia Pita recibiu na casa consistorial un emotivo agradecemento polo seu entregado labor na confección do globo. Houbo unha recepción no salón de plenos, asinaron no libro de ouro da cidade e constituíron a fundación Globo de Betanzos. Ademias o concello inaugurou unha mosrta sobre a historia do globo e os caneiros, na praza García Naveira.

Noticias web

16/08/2020