Envorca un coche na avenida Xoán XXIII de Santiago
Publicado o 30/10/2019 17:36
Un coche que circulaba pola avenida Xoán XXIII de Santiago evorcou ao dar unha curva moi pronunciada. Aconteceu a primeira hora da tarde e, ao parecer, nesa zona son habituais os accidentes deste tipo, sobre todo cando cadra a chuvia cos problemas que presenta o asfalto.
A condutora do coche non sufríu ningún dano máis aló do susto que levou ao perder o control do vehículo. Malia a espectacularidade das imaxes, o coche foi retirado decontado e non afectou a circulación na zona.
Máis sobre Santiago de Compostela
28/02/2021 21:18
26/02/2021 20:00
24/02/2021 13:43