CRTVG

Buscar

Envorca un camión que transportaba carne na A-52, á altura de Trasmiras

Publicado o 26/11/2020 19:29

Aparatoso sinistro viario na autovía A-52 en dirección O Porriño cun camión articulado. Ocorreu ao seu paso lo municipio ourensán de Trasmiras. Ao parecer, o condutor do camión frigorífico, que transportaba carne para o porto de Vigo, sufriu un rebentón nun pneumático e perdeu o control do vehículo. Saíu da vía pola marxe esquerda e envorcou na mediana da autovía. Por sorte, o condutor quedou ileso.

Ata o lugar desprazáronse a Garda Civil de Tráfico e os bombeiros de Xinzo. Un equipo do Seprona valorará o estado da mercadoría.

Noutro sinistro entre dous vehículos que colidiron frontalmente na estrada entre Allariz e Baños de Molgas quedaron feridas dúas persoas con prognóstico reservado.


 

Noticias web

26/11/2020