Ferido o condutor dun camión cargado de laranxas que envorcou na N-634, en Vilasantar
Publicado o 14/04/2020 12:34

Un aparatoso accidente produciuse esta mañá en Vilasantar, na estrada N-634, á altura da fábrica Serpal, e unha persoa quedou ferida.
Un camión cargado de laranxas envorcou arredor das dez e media da mañá, por causas que se descoñecen, segundo consta no aviso recibido pola Axencia Galega de Emerxencias. Fontes deste organismo informan de que nun primeiro momento semellaba que o condutor do camión quedara atrapado na cabina.
Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Betanzos, a Garda Civil de Tráfico e o GES de Curtis. Finalmente o condutor conseguíu saír polo seu propio vé do vehículo, pero foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario.