CRTVG

Buscar

Envorca un camión na saída de Lugo cara a Guntín e o condutor queda ileso

Publicado o 22/06/2020 11:01

Accidente dun camión nunha rotonda á saída de Lugo cara a Guntín. O condutor quedou ileso.

Foi arredor das sete e media da mañá no quilómetro 3,800 da nacional 540, dentro do termo municipal de Lugo. Non se sabe por que o camión saíu da vía e logo envorcou. Ata o lugar do sinistro desprazouse unha patrulla do subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo.

Noticias web

22/06/2020