CRTVG

Buscar

Javier Domínguez: "Sogama naceu con 71 concellos e agora xestiona o lixo de máis de 295"

Publicado o 23/01/2020 10:38

Javier Domíguez, presidente de Sogama, falou este xoves no Bos Días, sobre os 20 anos que a empresa pública de xestión de residuos acaba de facer.

"O primeiro obxectivo de Sogama foi acabar con 300 vertedoiros ilegais, segundo o exemplo do que facían noutros países da contorna Europea. Naceu con 71 concellos e agora xestiona o lixo de máis de 295 dando servizo ao 83 por cento da sociedadade galega despois de 20 anos", explicou.

Domínguez destacou as grandes cifras que hai detrás de Sogama: "Tratamos cada ano máis de 825 mil toneladas. Creamos emprego para mil persoas e estamos exportando o modelo a países como Croacia, Israel e América do Sur, como Paraguai ou Uruguai".

"Agora o obxectivo mudou e prestamos especial atención a reducción dos resíduos, a re-empregro e a reciclaxe. Ampliouse a planta nun 81 por cento para poder tratar un millón de toneladas de xeito máis sostible e eficiente cun custo de 32 millóns", detallou na entrevista o presidente de Sogama quen tamén destacou o avance por un transporte do lixo máis sostible: "No 2016 transportábase o 25 por cento por tren e o 75 por estrada. Agora xa máis da metade chega a planta por tren".

Javier Domíguez tamén destacou o papel de Sogama na produción enerxética: "Produce o 12 por cento da electricidade do país, o que evita o consumo de combustibles fósiles".

E de cara aos próximos anos dixo que "o reto é a construción de tres plantas de compostaxe en Lugo, Ourense e Pontevedra para tratar os residuos urbanos que se acometerá entre o 2020 e o 2022 cun orzamento de 45 millóns de euros".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2020