CRTVG

Buscar

Rubén Rúa: "Todos agardabamos que o Constitucional declarase nulo o imposto de plusvalía"

Publicado o 19/11/2019 09:48

Fran López Iglesias conversa no Bos días con Rubén Rúa, avogado experto en dereito fiscal.

Rubén Rúa explica a sentenza do Tribunal Constitucional que declara nulo o imposto de plusvalía cando supera a ganancia da venda dunha propiedade. Aclara o Constitucional que considera confiscatorio o imposto de plusvalía se os gastos son máis que o beneficio.

Esta sentenza, que foi adiantada o pasado 31 de outubro, non deixa claro que ocorre cando gastos e beneficios son practicamente iguais.

"Esta sentanza o único que fai é facer o traballo do lexislador, porque desde a sentenza do 2017 xa se tiña que modificar a Lei de Facendas locais".

"Todos agardabamos que o Constitucional expulsase dunha vez por todas do ordenamento xurídico o imposto de plusvalía".

"Este imposto é sobre o valor do chan, pero a fórmula matemática está totalmente en desconesión coa realidade, e da unhas cantidades a pagar que non ten nada que ver co incremento do valor do chan, que é o que se grava neste imposto".

 

Noticias web

19/11/2019