CRTVG

Buscar

Rosa Quintana: "Podemos presumir de manter o barco na superficie"

Publicado o 18/12/2019 10:20

"Podemos presumir de manter o barco na superficie, partiamos dunhas situación moi complicada". Así resumía Rosa Quintana o resultado das negociacións das cotas de pesca para 2020, que culminaron a primeira hora de hoxe en Bruxelas.

A conselleira do Mar celebrou especialmente a revisión das cifras de pesca do xurelo, que pasaron dun recorte do 50 por cento a un aumento do 24 por cento. A explicación deste cambio, dixo Quintana, obedece a criterios científicos: "Isto non é comercio, hai que compoñer informes científicos dun lado e doutro para discutir datos e buscar un equilibrio que permita a sostibilidade dos recursos".

A conselleira do Mar só lamentou que o acordo non contemple un aumento nas cotas de pescada do Gran Sol, que diminúen un 20 por cento, pero entende que os datos científicos non o permitiron. Con todo, Rosa Quintana cre que a pesca galega logrou "moi boas cousas" na negociación co Executivo comunitario.

 

Noticias web

18/12/2019