CRTVG

Buscar

Luca Chao: "O relevante é o proxecto que temos, e iso non depende dos calendarios"

Publicado o 11/02/2020 12:06

Con motivo do anuncio da convocatoria de eleccións autonómicas en Galicia para o día 5 de abril, Fran López Iglesias entrevista a Luca Chao, unha das voceiras do Grupo Común da Esquerda, que, de momento, é un dos grupos sen candidato.

O Grupo Común da Esquerda estaba nestes momentos nun proceso de negociación e na busca do candidato. Luca Chao di que esta convocatoria os pillou como "a toda a cidadanía: Fejóo levaba repetindo incansablemente que ía esgotar a a lexislatura e onte de repente mudou o calendario. Nós, altura de miras e apurar os prazos. O relevante é o proxecto que temos enriba da mesa, e iso non depende dos calendarios. Levamos moito tempo traballando nunha alternativa política a Feijóo".

"Nós nos esperamos que nos recoñezan polos nomes que presentamos ás eleccións, senón polo que facemos. A xente sabe que nós fomos os que subimos o salario mínimo a 950 euros, que somos os preponsables de subir as pensións o 2% e é sobre iso sobre o que temos que traballar. Sempre quixemos dicir que somos o que facemos e iso é no que nos diferenciamos do resto dos grupos políticos", explica Luca Chao.

"A candidatura que conformemos para estas eleccións gustaríame que fose, di a voceira do grupo Común da Esquerda, "a candidatura máis representativa posible do noso espazo político, unha candidatura ampla que ínclúa a todo o mundo e se defina polos eixes políticos clave en que estamos traballando".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2020