CRTVG

Buscar

Ignacio Lago: "A novidade desta Diada é que no independentismo hai unha división que antes non existía"

Publicado o 11/09/2019 11:19

Fran López Iglesias conversa con Ignacio Lago, profesor de Ciencia Política na universidade Pompeu Fabra, sobre a actualidade política en España e en Cataluña, en particular.

"A gran novidade desta Diada é que dentro do independentismo hai unha división que non existía nos anos precedentes e que seguramente fixará o que vai pasar nos próximo anos".

"Dentro do independentismo hai unha liña máis pragmática que respecta as regras do xogo e pretende avanzar no camiño da autonomía, que sería Esquerra Republicana de Cataluña, e hai outros paratidos, Junts per Catalunya e Puigdemont, que pretenden unha situación de tensión, de conflito co Estado".

Respecto á situación en España, Ignacio Lago dixo: "O risco de que o PSOE non poida gobernar é evidente. Iríase a unhas elecccións. Ao final estamos tratando de ver cales serían as parellas de baile en Cataluña e en España, e temos dúas e dúas: unha combinación de gobernos de dereitas en España e do PdeCat en Cataluña sería a combinación máis conflitiva e de máis tensión, e a combinación dun goberno de esquerdas en España e de Esquerra Republicana en Cataluña sería a menos conflitiva".

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019