CRTVG

Buscar

José Antonio Zan: "O novo estatuto das electrointensivas queda escaso e moi lonxe das axudas que hai en Europa"

Publicado o 12/02/2020 10:22

O presidente do comité de empresa de Alcoa asegurou á TVG que o novo estatuto das empresas electrointensivas lle parecía "escaso". José Antonio Zan dixo que era unha primeira avaliación do documento que aínda teñen que analizar en detalle porque llelo entregaran onte a última hora da tarde.

Pero entende que "a bonificación do 85% que se auncia é só para unha pequena parte da factura xa que o verdadeiramente importante, como as peaxes do transporte e de xeneración, non se tocan".

Ademais, critica que o novo estaturo vaia permitir chegar como moito a unha axuda de 12,5 euros por megawatt cando no 2019 chegábase aos 17 euros.

A razón disto é que no novo estatuto as axudas amplíanse a 600 empresas cando nun principio eran 98 e xa no anterior borrador do estatuto ampliaranse ata as 252. 

Por iso ve necesario lograr as bonificacións que hai en Europa "que oscilan entre os 35 e 40 euros de axuda por megawatt ou será, dixo, moi difícil manter empresas como Alcoa no norte de España".

Noticias web

12/02/2020