CRTVG

Buscar

Entrevista á actriz Macarena Gómez

Publicado o 26/10/2018 17:57

Macarena Gómez é unha das actrices de referencia do cinema fantástico e de terror producido en España nos últimos anos. Unha traxectoria, a súa, que foi consolidándose desde o ámbito das curtametraxes.

Películas como 'Las brujas de Zugarramurdi', de Álex de la Iglesia, ou 'Musarañas', de Esteben Roel e Juan Fernando Andrés, revelaron para o gran público o seu talento para compoñer personaxes de gran complexidade psicolóxica.

Macarena Gómez recibiu un dos premios de honra do Festival Internacional de Curtas de Vilagarcía, o festival decano de cantos se celebran en Galicia, que fai este ano 46 edicións, con 140 curtametraxes a concurso.


 

Noticias web

26/10/2018