CRTVG

Buscar

Andrés Paz: "Non temos constancia de que a Galicia chegase ningunha partida deste produto"

Publicado o 21/08/2019 10:18

Os alimentos, en concreto os frescos, seguen rigorosos controis sanitarios que levan a cabo desde a Xunta inspectores que realizan análises nas empresas aletoriamente.

O director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz, explicou nunha entrevista no Bos Días como se realizan eses traballos: "Pode facerse a través de inspeccións, auditorias ou toma de mostras. O control oficial está especificado nun plan de control da cadea alimentaria de Galicia, no que se recolle a planificación".

"A frecuencia faise condicionada polo risco xenérico, tendo en conta o tipo de produto que se produce, dependo do uso agardado, e do risco específico do establecemento", explicou Andrés Paz. "Por poñer un exemplo, un comedor escolar ten unha frecuencia maior que un restaurante, ou un bar que só pon uns viños ou uns petiscos".

Non obstante, os criterios varian en función da traxectoria de cada establecemento: "No caso do comedor escolar, se no seu histórico se atopa que o sistema de autocontrol está ben implantado e que os controis oficias non atopan deficiencias destacables queda cunha revisión anual. No caso dos restaurantes a priori son cada dous anos, pero se nalgún caso os inspectores atoparon deficiencias hixiéncias graves ou tivo que intervir algún produto ou suspender a actividade, o risco específico fará que se incrementen os controis posteriores", asegurou. 

En canto ao caso das listeriose en Andalucía, Andrés Paz envía unha mensaxe de tranquilidade: "Estamos en contacto permante coa Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición e conectados nun sistema de rede de alerta alimentaria, e vainos chegando case en tempo real o traballo que están realizando os servizos de inspección andaluces". "Non temos constancia de que a Galicia chegase ningunha partida do produto implicado neste brote alimentario. Estamos tranquilos nese aspecto, pero temos o mecanismo e o sistema listo para actuar", concluíu.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019