Entrégase á Garda Civil o asasino dunha muller que faleceu acoitelada en Murcia
Publicado o 25/08/2020 16:52
Entregouse á Garda Civil o asasino dunha muller que morreu a coiteladas en Murcia. É o seu irmán.
O home confesoulles aos axentes que a matou despois de discutir con ela. O cadáver da muller, de 48 anos, presentaba numerosos sinais de violencia.
O presunto autor do crime pasará a disposición do xuíz nas próximas horas.
Máis sobre actualidade
12/04/2021 21:58
12/04/2021 21:51