CRTVG

Buscar

Entrar no cadro, unha experiencia de realidade virtual, ata o domingo en Ferrol

Publicado o 14/06/2019 16:55

Ferrol acolle entre hoxe e o domingo unha experiencia de realidade virtual creada polo Museo Thyssen que combina arte e tecnoloxía para que os visitantes poidan, literalmente, entrar nun cadro. A realidade virtual fai posible percorrer, por dentro, obras de Van Gogh, Mondrian e Van der Ast.

Poñemos as lentes de ver máis aló e adentrámonos, fisica e virtualmente, na paisaxe de Vessenots onde Vincent Van Gogh pasou os seus últimos días. Cantan os paxaros e vai unha lixeira brisa.
Entrar no cadro é a experiencia de realidade virtual que trae a Ferrol o Museo Thyssen, co apoio de Endesa e da Fundación Exponav.

Son cinco minutos para os sentidos que nos permiten viaxar, sen pestaxenar, desde a campiña francesa ata a vertixe neoiorquina recreada por Mondrian.

E que nos leva, tamén, a compoñer, e case ser parte, dun bodegón do século XVII con todos os detalles.

A visita á mostra, instalada no Museo da Construción Naval, é gratuíta, pero as reservas están voando. Ata o domingo permanecerá en Ferrol.




 

Noticias web

14/06/2019