CRTVG

Buscar

O Ensino sae durmido e acaba perdendo co Cidade la Laguna

Publicado o 24/10/2020 22:23

Na liga feminina de baloncesto, o Durán Maquinaria Ensino perdeu na casa ante o Cidade la Laguna Tenerife 60-73. O partido rachou no primeiro cuarto, cando as canarias acadaron un parcial de 7-21.

Os outros tres estiveron igualados polo que as galegas non puideron remontar a diferenza. Hempe, 20 puntos e Stanacev con 12 foron as máis destacadas do conxunto lugués. Quedan no sétimo posto con tres vitorias e catro derrotas.

Noticias web

24/10/2020