CRTVG

Buscar

Enrique Dans: "Temos que redefinir completamente a idea do que é ter traballo e pensar nunha renda básica"

Publicado o 13/12/2019 12:30

Fran López Iglesias entrevista no 'Bos días' a Enrique Dans, investigador e profesor de innovación IE Bussines School e recentemente nomeado na lista Forbes como influencer no ámbito da innovación e a tecnoloxía.

"Todo cambio pode ser unha ameza ou unha oportunidade. Polo tanto este é un momento de oportunidades", asegura Dans, e aclara "a tecnoloxía é unha fonte de oportunidades e como tal pode brindar moitas posibilidades para incrementar o PIB. A cuestión e se esta é unha magnitude que paga a pena. O mellor, como decía Robert Kennedy, o PIB deixa fóra a maior parte das cousas que realmente importan. É como a creación de emprego, que é unha das obsesións dos políticos o mellor temos que ter en conta que a tecnoloxía vai facer imposible a creación de emprego e que cada vez vai haber menos xente que teña un traballo".

"E evidente que a productividade das máquinas vai incrementarse e vai haber moitísimas cousas que hoxe fai unha persoa que xa non o vai facer unha persoa. Imos redefinir completamente a idea do que é ter un traballo. Temos que pensar como reorganizamos unha sociedade na que traballar vai ser voluntario",insistiu Enrique Dans.

"Que unha máquina pague impostos é unh loucura. Non sabemos definir o que é unha máquina: un programa de ordenador? O impostos gravan a productividade, e o que produza máis e gañe máis que pague máis impostos, ou así debería ser". "Temos que aceptar que a sociedade vai cambiar, e vai cambiar seguro. Temos que ver como se van repartir as plusvalías" dixo Dans.

Sobre o modelo de reparto das plusvalías, Enrique Dans adiantou que "seguramente ten que mer coa idea da renda básica, despolitizando esa discusión. De momento vén do lado esquerdo do espectro político porque pensa que é boa cousa eliminar o nivel da pobreza, no lado dereito pensan que é unha maneira de reducir o papel do Estado porque non ten que controlar os subsidios; pero a renda básica universal non é nin de dereitas nin de esquerdas, é para diante".

"Tamén temos que pensar que unha idea de competencia entre países, o mellor, non é sostible, porque o maior problema é a viavilidade da especia humana. O desafío neste momento é saber se se vai vivir na terra en tres décadas".




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/12/2019