CRTVG

Buscar

Enquisas electorais nos xornais: o PP e PSOE empatan en Galicia

Publicado o 27/10/2019 12:00

As enquisas electorais debuxan un escenario moi igualado en Galicia entre PP e PSOE, con 10 escanos cada un.

Segundo La Voz de Galicia, o empate entre as dúas forzas políticas dáse tamén nas catro provincias, xa que o PPdeG pasaría de dous a tres escanos en Pontevedra.

A sondaxe sinala que a plataforma Galicia en Común, de Unidas Podemos revalida os dous representantes. E o BNG regresará ao Congreso cun deputado na Coruña. Quedan fóra Más País e Ciudadanos, que perde os dous deputados.

El Español titula: "O PP queda a 16 escanos do PSOE: O bloque de dereitas supera en dous o de esquerdas". Segundo a enquisa deste xornal, os socialistas retroceden aos 117 escanos e os populares soben aos 101. Vox queda con 38, por riba de Podemos que baixa aos 34. Ciudadanos cae a 19 e o partido de Errejón entraría con 5.

O diario Público apunta: "A crise catalá reforzaría o PP e Pedro Sánchez tería máis dificil formar goberno". Os de Casado rozan os 100 deputados e os socialistas quedan en 122. Ciudadanos cae, por detrás de Vox. Os de Abascal chegarían aos 30, a só dous de Unidas Podemos. Más País lograría 6.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/10/2019