CRTVG

Buscar

Endurecen as restricións en catro rúas da cidade de Ourense

Publicado o 19/09/2020 18:00
Endurecen as restricións en catro rúas da cidade de Ourense

A concentración de positivos no barrio ourensán do Couto levaron a Sanidade a impoñer dende hoxe medidas preventivas máis restrictivas nas rúas Doutor Fleming, Xesús Soria, Antonio Puga e na Avenidade de Portugal.

Á prohibición de consumir dentro de cafeterías e bares, que obrigou a pechar aos que non teñen terraza, únese a de limitar a cinco os comensais por mesa nos restaurantes. Ademais as reunións non poderán ser de máis de cinco persoas.

Dos 509 casos activos hoxe na provincia de Ourense, a metade rexístranse no concello da cidade. Aquí nas últimas horas detectáronse 7 novos gromos.

Dende o Sergas din que en Ourense a maioría dos focos son de carácter familiar e insisten en non baixar a garda tampouco nas casas.

No resto da cidade de Ourense continúan as restriccións impostas dende o 3 de setembro. Medidas que arestora afectan a outros dez concellos máis de Galicia, entre eles un novo dende hoxe, o de Verín, o segundo na provincia de Ourense polo aumento paulatino de casos.

Noticias web

19/09/2020