CRTVG

Buscar

En total abandono a que ía ser a maior urbanización de Carballo

Publicado o 09/10/2020 14:42

A urbanización Costa Nariga, en Carballo, programada hai máis dunha década, quedou abandonada. "É unha mágoa velo así. Quedou completamente abandonado", lamenta un veciño.

O xa desaparecido grupo Riotorto pretendía construír aquí centos de vivendas. Pero no 2009, dous anos despois de iniciar a obra, a empresa entrou en concurso de acredores e deixouna abandonada. "Foi pola crise, parou todo e así quedou", explica un carballés.

A partir de aí, comezou a sufrir incontables actos vandálicos e, sobre todo, roubos. Levaron todo o material que puideron.

"Non levaron o edificio porque non puideron. Levaron as portas, madeiras...". "O Concello despois decidiu tapiar as portas e acabouse o problema". "Pois que tiren todo e que convertan a zona nun parque". "Sería bo que rehabilitasen as vivendas para a xente que as necesita", comentan os veciños.

Esta urbanización, cun total de 800 vivendas, ía ser a máis grande de Carballo.

 

Noticias web

09/10/2020