CRTVG

Buscar

En Sigüeiro aínda non saben a quen lle tocaron os dous millóns do sorteo extraordinario de Vacacións

Publicado o 07/07/2019 14:58

O concello de Oroso espertou tranquilo e sen coñecer aínda o nome do afortunado ou afortunada agraciado co premio do sorteo extraordinario de vacacións da Lotaría Nacional. Nada menos que dous millóns de euros, o segredo mellor gardado de Sigüeiro, segundo comentan na rúa e nos bares.

"Eu dende logo non o sei e falei con xente da vila e ninguén sabe nada, xa che dicía antes, o segredo mellor gardado, que nin o segredo da Coca-cola e é normal! E eu faría o mesmo. E normal que ninguén o queira dicir... Se me toca a lotaría, vouno dicir? Non. Aparécenche amigos e primos por todos os lados... Vai ser que non!"

A administración que vendeu o billete ten o número da sorte na porta, o 99.294. O local permanece pechado dende o sábado á tarde e non abrirá ata luns, mantendo en ascuas os veciños por saber a quen lle tocou o premio máis cuantioso que se recorda por aquí, dende que o sogro deste loteiro vendera un premiado con 400 millóns de pesetas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/07/2019