CRTVG

Buscar

En Sarria elaboran os Santiños, un doce típico da zona no Día de Todos os Santos

Publicado o 31/10/2019 20:44

Fariña, ovos, manteiga, anís e azúcre, xunto ao toque particular de cada obrador, son os ingredientes dos Santiños, un doce típico e único de Sarria no Día de todos os Santos. A súa orixe remóntase máis dun século atrás e eran os nenos da vila os que facían de repartidores.

Agora, xunto co molde antigo trabállase tamén con outras figuras e non hai só santiños senón tamén santiñas. A implicación das panaderías da zona permite manter viva esta tradición.

A ninguén lle amarga un doce e este é aínda máis especial e traslada a moitos veciños ata as lembranzas e os sabores da súa infancia.

Noticias web

31/10/2019

Máis sobre Sarria