CRTVG

Buscar

Poñen en marcha os protocolos para o ocio educativo e campamentos

Publicado o 17/06/2020 14:43

Un xogo en que hai protocolos, unidades de convivencia, ratio, distanciamento físico... Termos novos que este ano se incorporan ao funcionamento de campamentos e actividades de ocio educativo. Conceptos que obrigan os organizadores a tirar de creatividade para que a rapazada se adapte sen dificultade. En Sada xa están practicando monitores e nenos nas xornadas de conciliacion familiar que comezaron esta semana.

Despois do confinamento chegan con cariñas algo despistadas aínda, como pequenos superheroes sen capa, pero con máscara e coa tensión de ver os amigos.

E entre eses xogos, algúns que xa aprenderan na casa: medir a temperatura, desinfectar e lavar as mans a cada pouco e o máis difícil do mundo: manterse separados dos compañeiros.

Isto soluciónase facendo grupos pequenos de convivencia de nove nenos con cada monitor, que non se mesturan cos outros. Para eles, só pequenos contratempos que non lles quitan o sorriso.

Noticias web

17/06/2020