CRTVG

Buscar

En que concellos obtiveron os partidos as mellores notas? E as peores?

Publicado o 14/11/2019 11:25
En que concellos obtiveron os partidos as mellores notas? E as peores?

• Partido Popular 

O PP sacou a súa maior porcentaxe de votos nas xerais nun concello que xa goberna sen oposición ningunha. De feito, en Beariz o PP logrou a súa maioría máis avultada nas últimas municipais. A menor porcentaxe de votos para os populares é, curiosamente, para o concello de Galicia que menos poboación ten. 

 

• PSdeG-PSOE

O concello que con máis forza votou polo PSOE nas últimas xerais foi Pedrafita: os socialistas superaron aquí a cota do 61% dos sufraxios. Beariz, onde arrasa o PP, foi onde peor nota sacaron.

• En Común Unidas Podemos

Cangas, un municipio xa gobernado pola esquerda, lidera a listaxe dos concellos que máis votaron por Unidas Podemos nas últimas xerais. Quintela de Leirado, en Ourense, está no extremo contrario.


• BNG

Os concellos con mellor resultado para o Bloque nas xerais están gobernados polo BNG, como é o caso de Allariz. En Padrenda, pola contra, non o votou nin o 1% dos electores.


• Vox 

Ribeira é onde Vox logra a súa cota máxima en Galicia: un 13,63% dos votos. Pola contra, no Incio non chegou ao 3%.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí