CRTVG

Buscar

En Pontevedra agardan datos definitivos do gromo hospitalario no Provincial

Publicado o 25/10/2020 14:50

1.500 PCR fixéronse neste histórico Hospital Provincial pontevedrés en dous días. Os resultados definitivos coñeceránse en cuestión de horas, xa sabemos que houbo algúns positivos iniciais na Unidade de Medicina Interna, que se illou por prevención.

Das PCR realizadas, 1.300 foron a profesionais e duascentas a pacientes. Hoxe xa está aberta a Unidade dúas de Oncoloxía lugar en que xurdíu o gromo que afectou en principio a 27 persoas. A planta foi obxecto dunha limpeza e desinfección polo miúdo.

O Sergas en Pontevedra tamén anunciou que vai duplicar de xeito inminente a área covid do Hospital de Montecelo, tamén se duplicará o cadro de persoal que traballa nela. Os infectados pola covid-19 disporán de todo o terceiro andar de Montecelo ata agora dedicado a traumatoloxía.

Tamén confirman desde a área sanitaria de Pontevedra a suspensión de todas as intervencións cirúrxicas previstas non urxentes, comezando polas de traumatoloxía.


 

Noticias web

25/10/2020