CRTVG

Buscar

En Podemos din que están á disposición do Congreso se deciden investigar o seu financiamento

Publicado o 24/08/2020 14:38

O Congreso debate mañá se debe comparecer Pablo Iglesias para explicar o financiamento de Podemos despois da imputación do partido e de varios cargos.

O xornal El Mundo publica hoxe máis información sobre este asunto. Di que os gastos electorais do partido en 2019 remataron nunha sociedade en México sen apenas actividade.

Segundo o xornal, trataríase "dunha tapadeira". A transferencia a esta empresa superaría os 300.000 euros e o seu obxectivo final é o que está a investigar a xustiza, entre outras dilixencias.

En Podemos aseguran que darán toda a información necesaria e que respectarán o que decida o Congreso sobre as comparecencias. 


 

Noticias web

24/08/2020