CRTVG

Buscar

En menos dunha semana pasan de catro a máis de 50 os positivos detectados na empresa Avigal, en Cambados

Publicado o 26/09/2020 14:50

Seguimos moi pendentes tamén da evolución do gromo detectado na empresa Avigal, en Cambados. En menos dunha semana pasaron de catro casos a máis de 50. Agora hai máis de 70 traballadores en corentena. 

A planta de Avigal en Cambados permanece pechada e sen actividade mentres no interior se intensifica a desinfección de todas as instalacións. 57 traballadores, dos 110 do cadro de persoal deron positivo na covid-19 e outros 20 están en corentena por precaución. A iso hai que sumar os contactos fora da empresa de familiares e achegados.

Este gromo non só afecta a Cambados, onde só residen tres dos traballadores contaxiados, senón que puxo en alerta a toda a comarca do Salnés. En Vilanova contabilízanse sete positivos relacionados con ese brote de Avigal e xa se están a aplicar as restricións.

O luns, a planta de Cambados de Avigal retomará a actividade reducíndoa produción ao 40%, algo que segundo din dende a propia empresa xa se facía dende que se detectaron os primeiros casos.

 

Noticias web

26/09/2020