CRTVG

Buscar

En Marea vencella os malos resultados coas tensións internas

Publicado o 27/05/2019 10:56

O voceiro de En Marea cualificou como malos os resultados obtidos nas eleccións. A formación queda fóra do Parlamento Europeo e perde a práctica totalidade das alcaldías. Luís Villares dixo que detrás destes malos resultados están as tensións internas da formación.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, achacou este domingo ás "tensións internas" os malos resultados da formación nas eleccións europeas, onde sería quinta forza e non obtería representación, e das "mareas" municipais, que sufriron unha caída xeneralizada e perderon a práctica totalidade das súas alcaldías. "Non fomos capaces de responder as expectativas xeradas polas tensións internas provocadas por partes que pensaban máis en si mesmas que no interese xeral e pola ocupación do espazo político e comunicativo por estes temas en lugar de por propostas políticas", apuntou Villares nunha rolda de prensa ofrecida na sede de En Marea.

O portavoz da formación rupturista lamentou "non reaccionar a tempo identificando o problema e distanciándonos do foco de tensións nun intento ata o final de salvagardar a unidade", mesmo cando "había xente dentro que non a quería". Ante esta circunstancia, Villares asegurou que En Marea "toma nota" deste "cambio de ciclo político" e agora é o momento de "axustar a organización e o discurso" para resultar "eficaces" para solucionar "os problemas da cidadanía.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2019