CRTVG

Buscar

En Marea abordará unha reflexión profunda tras os comicios do 26 de maio

Publicado o 05/05/2019 21:21

En Marea abordará unha reflexión profunda sobre o seu futuro tras os comicios do 26 de maio. O Consello das Mareas acordou pospoñer o debate ao mes de xuño para centrarse nas vindeiras citas electorais. Considera que agora toca estar do lado das mareas municipalistas e dos aliados da candidatura Compromiso por Europa. Nunha xuntanza celebrada en Pontevedra, a formación fixo autocrítica e cualificou de "moi insatisfactorios" os resultados das eleccións xerais. Recoñeceu erros á hora de valorar a polarización do voto e de explicar o seu proxecto tras a ruptura interna.
 

Noticias web

05/05/2019