CRTVG

Buscar

Coñecemos máis do programa Emprural tras rematar a segunda convocatoria

Publicado o 15/07/2019 20:10

Máis de 120 mozos participaron nas dúas convocatorias do programa Emprural para a inserción laboral no eido rural. Agora, 23 deles están a facer prácticas para facilitar a súa incorporación aos distintos postos de traballo.

Raúl é un dos 23 mozos que está a facer as prácticas dentro do programa Emprural. Aprende mentres traballa na explotación gandeira SAT Doroña, en Arzúa. Quere buscar o seu futuro no rural e a participación neste programa parécelle un bo xeito de conseguilo. 

Raúl Varela, participante do programa Emprural: "Paréceme unha boa idea para meterse na vida laboral. Estou moi contento. Aprendes, apréndenche e, a verdade, eu recomendaríallo a moita xente".

Tamén celebran a iniciativa os que colaboran con Emprural. Cren que cómpre ter asegurarada a remuda xeracional.

Ramón Varela, SAT Doroña: "Eu penso que é a solución que temos. Estase a despoboar isto moito e fai falla xente que lle meta outra marcha aquí ao campo".

A conselleira de Política Social visitou esta explotación, onde falou do obxectivo do programa.
Fabiola García, conselleira de Política Social: "Darlles cada día máis facilidades aos mozos e mozas de Galicia para que atopen un traballo e, sobre todo, o que nos demostran cada día, que no rural galego, no agro, hai futuro".

Para facilitar esa inserción laboral, o programa reforza coas prácticas os coñecementos teóricos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/07/2019