CRTVG

Buscar

En liberdade un empresario de Vigo e un lancheiro do Salnés supostamente vinculados coa operación do narcosubmarino

Publicado o 29/05/2020 13:42

Un empresario náutico de Vigo e un lancheiro do Salnés supostame vinculados á Operación Donkey quedan en liberdade por decisión da Audiencia de Pontevedra.

Fóran detidos no marco da Operación Donkey que intentaba introducir neste remolcador Karar un alixo de 4 toneladas e media de cocaína en abril deste ano. Nesa operación houbo en total 28 detencións.

A Audiencia considera que non están abondo motivados os autos de prisión que ditou o xulgado de instrución número tres de Vigo.

Os investigadores atribúen ao empresario náutico ser o enlace entre o clan arousán dos Santórum e os cárteles de Colombia.

Incluso segundo fontes próximas á investigación non se desbota que están persoas tamén estivesen relacionadas co alixo do narcosubmarino de Aldán detectado a finais de novembro, con catro toneladas e media de cocaína. Aínda que inicialmente son operacións distintas levadas por distintos xulgados. O submarino por Cangas e a Donkey por Vigo.

Noticias web

29/05/2020