CRTVG

Buscar

En Galicia hai uns 140.000 tractores, dos que a maioría deben pasar a ITV

Publicado o 15/01/2020 20:14

Numerosos tractoristas aproveitaron o último día de estadía da unidade móbil da ITV no Páramo para pasar a revisión dos seus vehículos. Entre os fallos máis frecuentes que se detectan nos controis dos tractores figuran os das luces ou os dos freos.

"E sobre todo en tractores vellos. As luces é normal que as traias revisadas. Saes da casa ben e, ás veces, chegas aquí e ao mellor non che funciona algunha, pero vaia...".

"Freos, dirección e pouco máis. É que os tractores, ao fin e ao cabo, son vehículos agrícolas, que collen pouca velocidade."

Pese a tratarse de vehículos polo xeral lentos, os tractoristas entenden que a inspección técnica é necesaria para reforzar a seguridade, comezando pola dos propios usuarios. O prezo da revisión é ademais, accesible, de 21 euros por tractor ao ano. Así e todo, segue habendo un número indeterminado de vehículos en circulación que non se levan a pasar a ITV agrícola.

"Segue habendo o costume de ocultar cousas. Moita xente ten o tractor quieto na casa e para o que fai, pois déixao estar. E ese é un problema".

"É obrigatorio e non vén todo o mundo que debía vir. A revisión está ben, por seguridade propia".
"Un problema é o das distancias que hai ás unidades móbiles. Hai xente á que lle cadra un pouco lonxe, polo que debían poñer máis unidades móbiles".

En Galicia hai uns 140.000 tractores censados, dos que a maioría deben pasar a ITV cada ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2020