CRTVG

Buscar

O Pontevedra, eliminado da Copa do Rei polo Eivisa (0-2)

Publicado o 08/01/2020 22:30

O equipo que dirixe Pablo Alfaro tomou a dianteira nesta xogada, minuto 27. Ese disparo de Kike López toca nun defensa... e despista o porteiro granate. Con todo, o Pontevedra buscou a igualada. Tivo chegadas de perigo como esta falta directa. Os lanzamentos de Mejía foron o mellor recurso dos granates. O Eivisa sentenciaría a eliminatoria no minuto 60. Ese balón colgado acaba co golazo de volea de Rodado. O Eivisa demostrou ser máis efectivo e mais sólido.