CRTVG

Buscar

En Común-Unidas Podemos pide o voto a votantes socialistas

Publicado o 06/11/2019 21:56

Neste sexto día de campaña En Común-Unidas Podemos recalou en Vigo. Estiveron arroupados polo fundador de Podemos Juan Carlos Monedero que destacou que os cidadáns necesitan no Congreso voces críticas e profesionais que escoiten os cidadáns.

Pola súa banda, a candidata da formación morada pola provincia de Pontevedra, Yolanda Díaz, pediu o voto aos socialistas decepcionados que queiran un goberno progresista. E o líder de Unidas Podemos tivo mitin esta tarde en Barcelona.

Pablo Iglesias pediu o voto dos militantes socialistas porque asegura que só a formación morada é garantía de que haxa un goberno de esquerdas.

Noticias web

06/11/2019