CRTVG

Buscar

En Común-Unidas Podemos pide o apoio dos electores para obrigar o Partido Socialista a contar con eles para formar un goberno progresista

Publicado o 05/11/2019 15:07

Membros de En Común-Unidas Podemos reuníronse esta mañá na Coruña co sector veterinario. A formación morada recolle no seu programa electoral varias medidas. Propón unha lei do benestar animal en que se rebaixe o IVE da atención veterinaria e da alimentación.

O candidato de En Común- Unidas Podemos aproveitou o acto para pedir o apoio suficiente para obrigar o Partido Socialista, dixo Gómez-Reino, a contar con eles e formar un goberno progresista.

Unidas Podemos celebrou hoxe un acto de campaña na Universidade de Navarra. Irene Montero volveu insistirlle a Pedro Sánchez nun goberno de coalición con Podemos para poñer en marcha, dixo, políticas sociais progresistas.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019