CRTVG

Buscar

En Comú pide a ERC que facilite a investidura antes do Nadal

Publicado o 11/12/2019 16:18

O portavoz de En Comù Podem no Congreso, Jaume Asens, pediu a ERC que aclare se barallan "unha alternativa mellor" ao Goberno de coalición que pode formarse entre o PSOE e Unidas Podemos e instou aos independentistas a que alcancen un acordo para unha investidura "antes de Nadal".

"O tempo corre en contra", destacou Asens na conferencia de prensa posterior á reunión que tivo co Rei, no marco da rolda de consultas previa a unha posible proposta de candidato á investidura. De feito, apuntou que un encontro "por semana" non é suficiente para avanzar nas negociacións: "Temos que reunirnos máis", destacou.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/12/2019